publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Frades realizará unha nova ponte en O Raselo sobre o río Maruzo e derrubará a actual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades vai substituír a ponte actual sobre o río Maruzo no lugar de O Raselo, na parroquia de Gafoi. A actuación consistirá na demolición do marco de formigón da actual ponte, que se atopa en mal estado, e a construción dunha nova ponte mediante estribos de formigón de 5,5 metros de alto, taboleiro de formigón armado e escolleira de bloques de pedra granítica.

O Concello está á espera do permiso definitivo de Augas de Galicia, que hoxe vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia o correspondente anuncio para abrir un prazo de vinte días para presentar posibles reclamacións diante de Augas de Galicia ou do Concello de Frades.

8 de abril de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.