publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Neda programa en Viladonelle unha charla do Pograma Maior Seguridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello anima a todos os veciños e veciñas a participar este martes, 7 de abril, no programa Maior Seguridade, que promove conxuntamente coa Secretaría de Estado de Seguridade. A través do mesmo, persoal formador da Garda Civil imparte charlas dirixidas a persoas maiores nas que se lles facilita información en torno aos riscos e ameazas ás que están expostos e se lles ofrecen consellos e explican medidas que poden adoptar para combatilas. Deste xeito, a sesión levaráse a cabo este martes, ás 19,30 horas, no local social da AVV de Viladonelle. Na charla trataranse temas como o maltrato das persoas maiores no seu ámbito familiar, residencias, medidas de prevención de roubos nos seus domicilios, me didas para a prevención de tiróns, furtos e roubos no entorno das entidades financeiras, medidas de prevención de estafas e para a prevención do uso fraudulento das súas propiedades, fondos, contas e cartillas de aforro por parte de terceiras persoas.

6 de abril de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.