publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dous veciños de Covelo foron detidos como supostos autores dun incendio forestal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCovelo
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil detiveron dous veciños de Covelo (Pontevedra), J.R.V., de 50 anos de idade, e J.M.C.B., de 49 anos, como supostos autores dun delito de incendio forestal na zona da Graña. Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os feitos aconteceron o xoves sobre as 20.30 horas, cando unha patrulla detectou fume nunha zona de matogueiras a escasos metros de vivendas, preto dunha estrada. Os axentes divisaron unha furgoneta e a dúas persoas, e dirixíronse ao lugar, ante a posibilidade de que esas persoas tivesen algún problema.

Pero ao divisar a patrulla, o condutor da furgoneta e o outro ocupante emprenderon a marcha en sentido contrario e cruzáronse co coche da Garda Civil. Así, un dos axentes puido recoñecer un dos veciños que viaxaba na furgoneta.

Cando chegaron ao lugar os axentes, observaron que había un pequeno incendio e tiveron que pedir medios de reforzo á Central Operativa de Servizos, porque non puideron extinguir as lapas cos extintores do vehículo policial. Hora e media despois lograron sufocar o incendio e evitar consecuencias máis alá dos 300 metros cadrados de superficie que se queimaron.

A Garda Civil detivo este venres nos seus domicilios aos dous presuntos autores dos feitos, aos que lles imputan a suposta comisión dun delito de incendio forestal. As dilixencias e os detidos pasarán a disposición do xulgado de instrución número 2 de Ponteareas.

24 de abril de 2015 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.