publicidade hoxe

Comezan en Cerdedo os traballos de mellora no firme da N-541

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Europa Press
Traballos de asfaltado

Traballos de asfaltado

Tras diversas reunións mantidas entre o Alcalde de Cerdedo e os representantes da Demarcaciónde Estradas do Estado tanto en Pontevedra como en Galicia, no día de hoxe iniciáronse os traballos de melloras no firme da N-541 ao seu paso polo municipio de Cerdedo. Esta actuación era de carácter urxente debido ao mal estado no que se atopa o firme da nacional debido principalmente aos danos que ocasionan os vehículos de transportes especiais (pezas de aeroxeradores) que atravesan este tramo diversas veces ao longo do día provocando ademais graves molestias e prexuízos tanto aos condutores como aos propios veciños de Cerdedo xa que estes vehículos invaden de forma continua os carrís en sentido contrario e en ocasións ata as beirarrúas, ademais das múltiples retencións que provocan. O Alcalde móstrase moi preocupado por este asunto e xa mantivo varias reunións cos máximos representantes de Tráfico na provincia de Pontevedra para buscar solucións a estes transportes e “tivemos que realizar varias medidas como instalar protectores nas beirarrúas para mellorar e garantir a seguridade peonil e outros elementos de seguridade e no núcleo de Pedre vímonos obrigados a instalar unhas bandas reductoras de velocidade xa que moitos condutores para tentar adiantar a estes vehículos de transportes especiais utilizaban un vello trazado da N-541 que atravesa o núcleo de Pedre e supuña un grave perigo para os veciños. Igualmente dotouse ao firme da travesía de Cerdedo dun slurry especial para previr saídas de vía cando chove, xa que o firme anterior era moi deslizante”.

Igualmente pavimentouse un carril no lugar de Cernados despois de pasar Cerdedo en dirección a Ourense onde desde hai un tempo atopábase inutilizado o carril de adiantamento debido ao mal estado do firme moi deslizante, problema que en día de hoxe quedou resolto e aberto á circulación.

Estas actuacións tratan en todo caso todas elas de mellorar a seguridade vial, tanto dos condutores como dos propios veciños de Cerdedo, pero sen dúbida a principal medida será a construcción de as 2 rotondas á entrada e saída de Cerdedo para regularizar o tráfico e que os vehículos especialmente os que entran en Cerdedo vindo de Ourense o fagan moderando a velocidade xa que se trata dunha entrada cunha pendente moi pronunciada desde quilómetros atrás e supón un grave perigo como o demostra o feito de varias saídas de vía de gravidade. A construción destas rotondas correrá a cargo do Ministerio de Fomento e prevese que en moi breve prazo de tempo, 1 ó 2 semanas salga publicitada a licitación da obra para a construción da rotonda de saída en dirección a Pontevedra e a outra rotonda está a traballarse na redacción do proxecto para liquidar a dificultade que entraña esa pendente tan pronunciada que mesmo podo obrigar a modificar o trazado para reducila.  

O Alcalde así mesmo quere agradecer as actuacións que se están realizando nesta N-541 por parte do Ministerio de Fomento e espera que se poidan tomar as medidas correctoras oportunas para minimizar os problemas que leva o paso dos vehículos de transportes especiais por esta travesía.

14 de abril de 2015 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.