publicidade hoxe

Permanecen activos os dous incendios forestais rexistrados no concello de Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareasSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa de que arestora permanecen activos os 2 incendios forestais rexistrados no concello pontevedrés de Ponteareas, nas parroquias de Padróns e Ribadetea.

A superficie afectada por estes lumes no seu conxunto está arredor das 350 hectáreas, segundos novas estimacións provisionais. O forte vento está dificultando as tarefas de control dos incendios. Arestora, o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, diríxese cara a zona.

O lume de Padróns iniciouse ás 22:29 horas de onte e permanece activo arestora. Na súa extinción traballan 1 técnico, 3 axentes forestais, 16 brigadas, 9 motobombas, 3 pas e 9 helicópteros. O incendio de Ribadetea comezou ás 04:03 horas desta madrugada e tamén permanece activo. Na súa extinción traballan 9 axentes forestais, 9 brigadas e 7 motobombas. A maiores, a Consellería solicitou a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

24 de marzo de 2015 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.