publicidade hoxe

O Concello de Vilagarcía celebra o acto de concesión de premios e distincións á Policía Local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Salón de Plenos do Concello de Vilagarcía acolle mañá sábado, 27 de marzo, o acto protocolario de concesión de premios e distincións á Policía Local. A entrega dun total de 34 recoñecementos realízase segundo o previsto do Regulamento Municipal de Premios e Distincións da Policía Local de Vilagarcía aprobado polo Concello a finais do pasado ano. O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presidirá o acto e será o encargado de impoñer as medallas e entregar as distincións xunto co alcalde, Tomás Fole, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Ángel Benito Pérez Dorgambide. O acto comezará ás 11 da mañá.

De acordo coa lexislación estatal e autonómica en vigor e coa finalidade de recoñecer o traballo dos membros da Policía Local, o Concello de Vilagarcía aprobou o Regulamento Municipal de Premios e Distincións que foi publicado no BOP o 24 de novembro de 2014. No artigo 1, parágrafo segundo e no punto 3 do citado Regulamento, recóllese a concesión de Felicitacións Públicas, Mencións de Honra e Recompensas á Constancia e Dedicación ao Servizo Policial a efectos de distinguir publicamente aos compoñentes do corpo da Policía Local de Vilagarcía de Arousa, e recoñecer unha vida profesional meritoria.

No acto de mañá, o primeiro que se celebra ao abeiro deste Regulamento, distinguirase a 3 axentes coa encomenda á Constancia e Dedicación Policial aos 30 anos de servizo, tamén se conceden varias medallas á constancia e dedicación policial aos 20 anos de servizo, e por “sobresaír con notoriedade e perseveranza no cumprimento dos deberes do seu cardo” concederanse Mencións de Honra a ouros 3 axentes.

Os membros do Corpo da Policía local non serán os únicos distinguidos no acto de mañá, posto que tamén recibirán Felicitacións Públicas “por destacar no seu labor de apoio e por contribuír á dignificacións e promoción da Policía Local” o Servizo Municipal de Emerxencias e a Empresa Pereira S.L. Neste mesmo apartado de felicitación tamén se inclúe a outros 8 axentes.

27 de marzo de 2015 | 10:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.