publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Frades entrega as equipacións deportivas aos 24 rapaces que participan nas escolas municipais de fútbol sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Entrega do material deportivo

Entrega do material deportivo

Un total de 24 rapaces de Frades, de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, participan este ano nas escolas deportivas municipais de fútbol sala, que veñen de iniciar o campionato na Liga Intermunicipal 2014-2015 na zona de Santiago nas categorías benxamín, infantil e cadete. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o técnico de Deportes, Lino Espiñeira, reuniron aos rapaces no pavillón municipal de Ponte Carreira para facerlles entrega duns chándales co escudo e as cores do Concello de Frades. Roberto Rey desexoulles sorte nesta próxima tempada e animounos a repetir os éxitos de anos anteriores, nos que o equipo cadete das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Frades proclamouse campión da Liga Comarcal de fútbol sala.

 

24 de marzo de 2015 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.