publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Curso de pesca para nenos en Ribas de Sil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibas de Sil
A-
A+

O Concello de Ribas de Sil informa do curso de pesca que se vai a levar a cabo en San Clodio os días 1 e 2 de abril.

O programa é o seguinte:

Día 1

ás 11:00 h, pequena charla a cargo dos monitores do Clube de Pesca de Monforte.

ás 11:30 h, actividades para os máis pequenos e os que teñen licenza de pesca irán ao río acompañados dos monitores.

Ás 14:00 h, xantar no río

Despois charla a cargo de Óscar Gamallo, biologo e encargado na piscifactoría Piscilor

Ás 16:00 h, visita a Piscilor.

Día 2

Ás 11:00 h, pesca de troitas no estanque instalado na aula de pesca.

Ás 13:00 h, iremos coa pesca ao colexio de San Clodio, onde entre todos nenos e pais preparemos as troitas para cociñalas e comelas (colaboración do cociñeiro do CEIP de San Clodio)

31 de marzo de 2015 | 10:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.