publicidade hoxe

Cotobade realiza a selección e procederá á contratación de 20 traballadores desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O Concello de Cotobade realizou a selección e procederá á contratación de 20 traballadores desempregados ao abeiro do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais 2015 da Deputación Provincial de Pontevedra a cal concedeulle ao Concello unha subvención de 83.637’60 €.

Os candidatos remitidos dende a oficina de emprego de Pontevedra- Bisbarra participaron nun proceso selectivo consistente, nun primeiro lugar, na valoración de méritos alegados como a experiencia en postos similares desempeñados con anterioridade, formación e cursos nun segundo lugar na realización dunha proba práctica relacionada co posto de traballo a desempeñar.

Estes 20 traballadores serán os encargados de realizar os seguintes servizos:

SERVIZO DESBROCE MECÁNICO 2015 (TRACTORISTA): actividade de mantemento e conservación orientase cara a limpeza e desbroce das cunetas, mantemento do firme, a realización de obras precisas (arranxo de canalización de auga, señalización, etc…) que garanticen unha boa circulación viaria e a limpeza daquelas áreas de titularidade municipal que polo seu estado de alta vexetación e cun elevado risco de incendio forestal é preciso a actuación mediante o desbroce mecánico con tractor

SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO 2015: o concello de Cotobade leva os residuos sólidos urbanos á planta de transferencia do Concello de A Lama; realizando a recollida de lixo con dous camións, un facendo a recollida diaria de residuos sólidos urbanos (RSU) e outro levando a cabo a recollida selectiva de envases e plásticos (contedor amarelo)

SERVIZO MANTEMENTO XERAL MUNICIPAL 2015: actuacións de conservación e mantemento das instalacións e edificios municipais, que polo seu uso diario sofren un elevado deterioro o que fai necesaria o seu mantemento para que ofrezcan un servicio óptimo. Así, podemos establecer como actividades de mantemento as que abranguen arranxos de albañilería, mantemento das instalacións eléctricas, fontanería, limpeza, etc…

Outras das funcións a realizar por estes traballadores será a conservación do mobiliario municipal consistente en marquesinas, alcantarillado e depuradoras, sinais, fontes, palcos, alumeado público, etc…

Mellora, conservación e mantemento das infraestructuras básicas e dos servizos básicos á poboación nos núcleos rurais, entendendo como tal actucións no saneamento público, alumeado público, camiños públicos, beirarúas, sinalización vertical, etc…

Mellora e conservación do patrimonio dos núcleos rurais, é dicir, actuacións naqueles elementos como fontes, lavadoiros, etc…, que polo seu valor histórico deben ser conservados como identidade do concello.

ACONDICIONAMENTO, LIMPEZA E MELLORA DE ÁREAS RECREATIVAS E ESPAZOS MEDIOAMBIENTAIS 2015

Limpeza e conservación das áreas recreativas e praias fluviais. Trátanse de contornos naturais onde faise necesaria a labor de conservación e limpeza co obxetivo de telas sempre en óptimo estado de conservación, contribuindo o lecer de veciños e visitantes co conseguinte aumento do atractivo de Cotobade de cara a potenciación de tódolos sectores que teñen que ver co ocio:

Área recreativa/piscina fluvial de Carballedo

Área recreativa/piscina fluvial de Pozo Negro (Rebordelo)

Praia fluvial de Xesteira (Almofrei)

Área recreativa da Soldada (Vilanova)

Praia fluvial de Calvelo (Tenorio)

Área recreativa de Calvelo (Tenorio)

Piscina fluvial de Cabanelas (Viascón)

Carballeira de S. Xusto (S. Xurxo de Sacos)

Carballeira de Cuspedriños (S. Xurxo de Sacos)

Mantemento, conservación e limpeza dos camiños rurais nas 13 parroquias de Cotobade, favorecendo o benestar do veciños e conseguese aumenta-lo valor medioambiental e paisaxistico.

Conservación e limpeza da ruta de senderismo PR-G 29, de tal xeito que os traballos de limpeza e conservación da mesma fanse necesarios para mantela en óptima situación de servicio.

Actuación de conservación e limpeza que Cotobade ten catalogadas como Zonas LIC, a Serra do Cando e Río Lérez.

25 de marzo de 2015 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.