publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra saca a contratación a mellora e sinalización da estrada Merza-Bascuas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVila de Cruces
A-
A+

A Deputación de Pontevedra abriu hoxe un prazo de 26 días naturais para que as empresas interesadas poidan presentar propostas para a contratación da obra “Mellora de firme e sinalización na estrada provincial Merza-Bascuas, entre os puntos quilométricos 0 e 1,9, no concello de Vila de Cruces”. A obra, cuxa convocatoria para a contratación foi anunciada hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, conta cun orzamento de 195.960 euros.

Este traballo implicará a completa renovación do sistema de sinalización viaria, que, nesta e noutras estradas de Vila de Cruces, non foi renovado desde fai trinta anos. A mellora do firme será completada, nalgún caso, con pequenos ensanches e rectificacións de curvas.

18 de marzo de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.