publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra realizará melloras de conservación no castelo de Sobroso por valor de 315.254 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareasPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, un convenio co Concello de Ponteareas para levar a cabo obras de conservación no castelo de Sobroso por un importe de 315.254 euros. A institución provincial ten en cesión de uso o mencionado castelo; este é propiedade do Concello de Ponteareas, pero o 1 de xuño de 2014 a Corporación municipal acordou cederllo á Deputación por un período de dez anos.

A Deputación asume desde entón o seu uso coa finalidade de integrar o conxunto monumental de Sobroso na rede de recursos turísticos e patrimoniais da provincia, para dinamizar a oferta turística complementaria das Rías Baixas.

Catro estruturas diferenciadas

O castelo de Sobroso está situado nunha parcela vinculada á edificación que rodea o seu contorno e ten catro estruturas diferenciadas: a muralla exterior, o recinto amurallado, a torre da Homenaxe e unha capela acaroada á muralla.

Para a súa operatividade o castelo precisa dunha serie de obras de conservación e mantemento importantes, tanto no que se refire a obras de limpeza coma de reparación das baixantes, que se atopan en mal estado de forma que a auga penetra no seu interior.

Á vista da situación o Concello de Ponteareas redactou un proxecto no que se recollen as reparacións urxentes que se deben acometer para evitar unha maior deterioración do castelo. A Deputación asumiu o financiamento íntegro dos traballos, valorados en 315.254 euros, así como a licitación e execución das obras necesarias.

19 de marzo de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.