publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Prisión comunicada e sen fianza para o relixioso detido no Cebreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPedrafita do Cebreiro
A-
A+
Europa Press

O xulgado de Becerreá (Lugo) decretou prisión comunicada e sen fianza por abusos sexuais e delito relativo á prostitución para o relixioso detido no Cebreiro. Así o informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), despois de que o detido pasase este mércores a disposición xudicial tras ser arrestado o luns pasado.

Ao relixioso, que residía na comunidade franciscana de Pedrafita do Cebreiro, interviñéronselle dispositivos electrónicos, móbiles e ordenador, nos que se descubriron arquivos multimedia.

En concreto, os investigadores acharon imaxes nas que aparece o relixioso cunha menor mantendo relacións sexuais, segundo confirmaron fontes da investigación, que levou a cabo a Garda Civil.

Sobre as 10,00 horas deste mércores o detido pasou a disposición xudicial no xulgado de Becerreá, tras ser detido o pasado luns pola Garda Civil de Lugo polos supostos delitos de abusos a menores e minusválidos, así como por apropiación indebida, por quedar con diñeiro do cepillo do Mosteiro do Cebreiro.

25 de febreiro de 2015 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.