publicidade hoxe

O goberno de Cedeira contempla instalar pasos de peóns elevados no entorno do centro de saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, informou esta mañá da intención do Concello de habilitar pasos de peatóns elevados no entorno do centro de saúde e nas rúas Ezequiel López e López Cortón. Proxectos que se inclúen no programa Cedeira Zona 30 que está a implantar o Concello no centro urbano. Co obxectivo de abaratar custes, a intención do goberno municipal é aproveitar a execución de obras de aglomerado previstas na vila para acometer os traballos, xa que doutro xeito a inversión elevaríase.

Así mesmo, o alcalde acolleu positivamente a proposta realizada por Anova en relación á colocación dunha cuberta na entrada principal do centro de saúde. Ve con bos ollos este tipo de iniciativas constructivas e comprometeuse a estudar o seu prezo e instalación.

3 de febreiro de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.