publicidade hoxe

Lete Lasa recibe os deportistas coruñeses campións de España en categorías absoluta ou previa á absoluta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Lete Lasa cos deportistas coruñeses

Lete Lasa cos deportistas coruñeses

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola secretaria territorial da Xunta na Coruña, Camino Triguero, e polo concelleiro de Deportes do concello herculino, Francisco Mourelo, recibiu esta tarde unha ampla representación dos 105 deportistas da provincia proclamados campións de España en 2013 e 2014 na categoría absoluta ou previa á absoluta, e que á súa vez representan 25 federacións galegas.

No acto celebrado no Centro Cívico Os Mallos fíxose entrega dos diplomas correspondentes aos méritos acadados, en presenza de directivos das federacións implicadas e familiares dos deportistas. O titular de Deportes da Xunta felicitou aos protagonistas da homenaxe, salientando os seus bos resultados na competición nacional e a boa imaxe de Galicia que cos seus logros axudan a trasladar ao exterior.

Nos dous últimos anos máis de 270 campións de España levaron o nome de Galicia ao máis alto do podio nas súas respectivas modalidades deportivas e a Secretaría Xeral para o Deporte quere contribuír ao recoñecemento público dos seus logros mediante a celebración de actos a nivel provincial como o de hoxe.

Deportistas por modalidades

Os deportistas recoñecidos no acto desta tarde foron os seguintes, por modalidades deportivas: aeronáutica (Diego Fernández Somoza); atletismo (Lidia Parada Santos, Ana Peleteiro Brión e Belén Toimil Fernández); automobilismo (Javier Anido Vázquez, Jesús M. Ferreiro Pérez, Francisco Lema Vidal e Amador Vidal Cernadas); boxeo (Cora Ayude Pallas, Marta Brañas Rumbo, Yago Fernández, Xesús Ferreiro García e Estefanía García Filgueira); deportes de inverno (Roberto Lorenzo Lorenzo); halterofilia (Elso Acosta Alcántara, Carlos Castro Mariño, Víctor Castro Mariño, Sara Dono Cide, Geraldine Galarza Oyola, Noelia García Suárez, Irene Martínez Santiago, Marisol Monasterio dos Anjos, Peter Nagy, Katherine Pinales Espinal, Marcos Rama Núñez, Juan Sebastián Rivera González, Diego Viera Rivas e Luis Miguel Pita Fraga); judo (André Fandiño Bonet, Alberto Gaitero Martín, Sergio Trillo Valeiro e Paula Yáñez Martínez); loita (Bruno Agra García, Xandre Freire Rodríguez, Sandra López Anido e Francisco Bruno Martínez Vila); natación (Sergio Campos Varela e María Vilas Vidal); orientación (Francisco J. López Costoya); pádel (Pablo Plaza Otero, Manuel Abelardo Domínguez Varela, Francisco González de Rafael, Alejandro Couceiro Figueroa e Jorge Couceiro Figueroa); pesca (Manuel Calvete Díaz, Daniel Fernández Pidal e Juan Carlos Peláez González); piragüismo (Carlos Arévalo López, Paula Castro Ares, Vanessa Deán Romero, Adrián Edreira Torres, Alejandro Fraga Alonso, David Manuel Mosquera Lendoiro, André Oliveira Vázquez, Yeray Picallo Villa, José Manuel Sánchez Sánchez, Cristian Silva Pérez, Xosé Vales Fernández e David Manuel Vilariño Dopico); remo (Iago Davila Outeiral, Luis Manuel González Castro, Martín Leborán Paz, Benigno Lojo Lojo, Luis Piñeiro Oliveira e Felicidad Rodríguez Serantes); salvamento e socorrismo (Inés Barbeito Gede, Valeria Gómez Anido, Raquel Martínez Canosa e Lidia Núñez Varela); squash (Borja Golán Santín e Pascal Gómez Valois); surf (Guillermo Carracedo Robelo, Martín Cortijo González, Juan Fernández López, Manuel García Iglesias, Isabel Gundín Pérez, Juan Sande Antón e Alexander Sebastián Fernández; taekwondo (Laura Centoira Yáñez, Laura Dosil Gago, José Fernández Rey, Sara García Suárez, Lara Ouviña Martínez, Lúa María Piñeiro Devesa, Encarnación Quintela Seoane e Gabriel Tembrás Corrales); tenis (Álvaro Illobre Saavedra, Juan Antonio Gutiérrez Mosquera e Martín Varela Dourado); tiro (Alfonso Gómez Corzo, Darío Piroscia Penado, Francisco Quintela Barral e Manuel Brage Vila); tiro con arco (Miguel Alvariño García, Daniel Blanco Piñeiro, Alberto Blázquez Arbonies, Daniel Castro Barcala, Xaquín Mira García, Vicente Enrique Veira Moreno e Guillermo Rodríguez González); tríatlon (Uxío Abuín Ares, Melina Alonso Aradas e Diana Cotón Vázquez); vela (Jano Toro Prieto Puga) e xadrez (David Lariño Nieto).

Galicia na alta competición, no presente e no futuro

No transcurso da recepción, Lete Lasa agradeceu en nome de toda Galicia a contribución destes deportistas ao desenvolvemento do país, posto que eles son os auténticos protagonistas do deporte, unha actividade que favorece moi directamente a educación, a saúde, a cohesión social, a cultura e a economía. Agradeceulles especialmente que actúen como espello para as xeracións máis novas, promovendo os hábitos de vida saudables e favorecendo que a alta competición en Galicia manteña no futuro a súa actual puxanza.

Neste sentido, lembrou o apoio da Xunta aos deportistas, con 337 recoñecidos no alto nivel (DGAN), máis de 100 equipos de alta competición patrocinados directamente, e máis de 1.000 equipos de base apoiados, ao que cómpre engadir as instalacións de referencia no eido da tecnificación e o alto nivel que o goberno galego pon a disposición dos deportistas.

27 de febreiro de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.