publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sober engade un certame de coplas á celebración do Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober ten xa ultimados todos os actos de celebración do Entroido aos que este ano incorpora o I Certame de Coplas de Comadres e Compadres.

Os traballos deberán conter carga crítica, pero sempre dentro do respecto e terán que facer referencia a acontecementos da actualidade, sobre todo municipal. Todas elas deberán ser entregadas na Biblioteca do Concello de Sober. Ata o mércores 4 de febreiro no caso das coplas de compadres e ata o mércores 11 as de comadres.

A entrega de premios farase coincidindo co IX Baile da Cachucha, o 14 de febreiro.

Inicio da festa

A celebración do Entroido comeza en Sober mañá, día 30 de xaneiro, cun obradoiro de compadres para todos os participantes nas ‘Merendas con contos’. O día 5 de febreiro será quenda do Xoves de Compadres e o día 6 novamente haberá un obradoiro de comadres na Biblioteca Pública Municipal. A celebración do Xoves de Comadres será o 12 de febreiro.

Entroido na escola

O día 13 de febreiro pola maña os nenos e nenas do CEIP Virxe do Carme e dos do PAI municipal farán un desfile polas rúas de Sober. Esa mesma tarde, nas Merendas con contos levarán a cabo un obradoiros de máscaras.

Día grande

O día 14 de febreiro será o día grande do Entroido no Pavillón do CEIP Virxe do Carme co desfile dunha gran comparsa formada por integrantes da Banda de Música de Sober, alumnos da escola de música, do PAI e do CEIP. Ás 18:00 horas haberá unha merenda para todos os participantes e animación a cargo da compañía Ni fu ni fa animación. Tamén haberá música, xogos e un concurso de disfraces para os nenos e nenas.

A partir das 19:00 horas dará comezo o IX Baile da Cachucha no que se fará unha degustación gratuíta de cachucha e viño. O concurso de disfraces para adultos comezará ás 21:00 horas. Haberá tres categorías: individual, parellas e grupos.

29 de xaneiro de 2015 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.