publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

San Xoán de Río executou obras de mellora ao abeiro do Plan Marco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseSan Xoán de Río
A-
A+
Rogelio Martínez en San Xoán de Río

Rogelio Martínez en San Xoán de Río

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou esta mañá as obras levadas a cabo no concello de San Xoán de Río, recollidas no Plan Marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013/2014 e que supuxeron un investimento de 45.000 euros.

O delegado territorial, supervisou os resultados dos traballos, acompañado polo alcalde do municipio, Gerardo Rodríguez, e polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar, Yago Borrajo. Esta actuación consistiu na mellora da capa de rodaxe do camiño que une o límite do concello de Castro Caldelas co lugar de Medos, pertencente a San Xoán de Río, pasando pola localidade de Vilardá. A lonxitude do vial é de 2.215 metros e a súa anchura é de 4 metros.

Segundo salientou o delegado territorial “con estas iniciativas búscase dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais”. Así, Rogelio Martínez lembrou que en total, a través deste Programa Marco, a Consellería de Medio Rural e do Mar destinou na pasada convocatoria preto de 3.600.000 euros para levar a cabo actuacións en camiños e estradas rurais da totalidade dos concellos da provincia ourensá.

A contía da dotación para financiar as obras que se executen nos concellos ourensáns a través do vindeiro Plan Marco 2014-2015 duplicouse con respecto da do anterior, e cífrase en preto de 6 millóns de euros. Destes fondos, pouco máis de 2.700.000 euros corresponden á anualidade de 2014 e os máis de 3 millóns restantes á anualidade de 2015. Segundo o delegado territorial “este incremento permitirá atender proxectos que melloren un maior número de camiños”.

7 de xaneiro de 2015 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.