publicidade hoxe

O Concello de Teo arranxa o último tramo da pista de Penelas en Cacheiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Departamento de Servizos Básicos de Teo informa que nas últimas semanas se realizou o arranxo do último tramo da pista de Penelas que estaba sen acondicionar. Trátase dunha vella reivindicación na zona xa que as características desta vía, unha pista de monte sen asfaltar, foron as razóns esgrimidas pola Xunta para non facer a ponte de Penelas por riba da autovía que pasa pola zona.

Hai dous anos arranxábase unha parte e nas últimas semanas completábase o acondicionamento desta vía que vén da zona do Raxó polo Portiño ata a aldea de Penelas. Este segundo tramo ten case 600 metros mentres que o primeiro tiña case 700. O edil, Xurxo Francos, destaca que as dúas zonas se arranxaron co mesmo tratamento, con rego asfáltico e nestes días os operarios aínda dan os últimos remates nalgún punto por mor do mal tempo. O custe destes asfaltados chegou aos 36.000 euros.

A mellora desta vía, que da servizo a varias casas, tamén permitiu colocar a base para dous colectores de recollida selectiva, un verde e outro amarelo. O concelleiro explica que ata agora “as condicións da vía impedían o acceso do camión de recollida polo que a colocación dos colectores tamén era unha demanda recurrente”.

21 de xaneiro de 2015 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.