publicidade hoxe

O Concello de Coristanco e a Asociación de Veciños de Couso colaboran para acometer a ampliación da praza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoristanco
A-
A+
Explanada acondicionada

Explanada acondicionada

Os veciños e veciñas da parroquia de Couso terán á súa disposición un novo espazo público que dará resposta ás súas demandas. No entorno do complexo parroquial foi acondicionada xa hai algún tempo unha explanada de 1.046,37 metros cadrados grazas a unha cesión realizada pola Igrexa, e agora un acordo de colaboración entre a Asociación de Veciños e o Concello de Coristanco permitirá convertelos nunha praza aínda máis grande e con zona de aparcamento.

Os veciños de Couso adquiriron unha finca máis, e o Concello de Coristanco elaborou o proxecto e conseguiu o financiamento necesario para levalo a cabo. A obra está en fase de contratación nestes momentos, e o seu orzamento é de 49.850 euros. Das arcas municipais sairá un 25 %, e o 75 % restante corresponde a unha subvención da Vicepresidencia da Xunta con cargo aos Fondos Feder 2014, segundo explicou o concelleiro de Obras, Juan García.

A nova praza, de 723,38 metros cadrados, e o aparcamento, de 579,28, darán servizo á igrexa e o cemiterio e poderán ser utilizados tamén para as festas da parroquia. A actuación no espazo para os vehículos consistirá no desmonte do terreo e o acondicionamento. Para facilitar a comunicación entre a zona de estacionamento e a praza, que estará dotada co mobiliario urbano necesario, garantirase a seguridade peonil con beirarrúas e un paso de peóns.

9 de xaneiro de 2015 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.