publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dobre cita co Entroido en Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

O sábado día 14 de febreiro será o día grande do entroido na capital municipal, con desfile de disfraces a partir das 16.30 horas polas rúas de Vimianzo e posterior concurso de disfraces na Praza do Concello. O sábado seguinte, día 21, a cita entroideira será en Baíñas, con desfile desde a Praza do Outeiro a partir das 19.30 horas e concurso no pavillón polideportivo. Diferentes premios para comparsas (600€ para a mellor) , grupos, individuais adultos e infantís. Como novidade, no entroido de Vimianzo, haberá unha axuda para as comparsas locais que non acaden premio no concurso de 150 ou 250 € en función do número de compoñentes.

As inscricións no concurso de Vimianzo poderán facerse ata o 12 de febreiro, mentres que no de Baíñas o prazo rematará o mesmo día do entroido ás 19 horas. As bases dos dous concursos publicaranse proximamente na web municipal www.vimianzo.gal

Ata o día 12 poden inscribirse na biblioteca os nenos e nenas que desexan participar nas tardes de entroido en Baíñas e Vimianzo, con cancións, contacontos, elaboración de caretas, maquillaxe que se desenvolverán o xoves 12 en Baíñas e o luns 16, martes 16 mércores 17 en Vimianzo.

30 de xaneiro de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.