publicidade hoxe

Creación de horta ecolóxica en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O Concello de Cerdedo a través do programa Actívate da DiputaciónProvincial de Pontevedra, organiza dende mañá o curso de “CREACIÓN DE HORTA ECOLÓXICA”.

Este curso celebrarase no Centro Cultural de Cerdedo os días martes, mércores e xoves en horario de 16 a 20 horas cunha duración total de 30 horas. Os asistentes ao curso recibirán o correspondente certificado de asistencia e é unha grande oportunidade nestes momentos de crise para aprender a crear unha horta ecolóxica e iniciarse neste tema pensando nun futuro profesional para crear algunha pequena empresa que poida dedicarse á venda e distribución de produtos ecolóxicos, porque creemos que sería unha gran saída profesional nestas terras. Esta sempre foi unha pretensióndel actual Alcalde de poñer en valor os estupendos produtos que temos tanto en Cerdedo coma na bisbarra.

Dende o Concello queremos informar que tan só quedan 3 prazas para pechar o curso e os interesados poden acudir ás oficinas municipais para formalizar a matrícula.

12 de xaneiro de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.