publicidade hoxe

Touro programa un Nadal Lúdico para fomentar a conciliación laboral e familiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro organiza un ano máis o seu Nadal Lúdico, unha actividade que pretende ser unha alternativa de lecer e de ocupación do tempo libre dos máis pequenos dunha forma máis educativa e lúdica durante o xornal vacacional do Nadal. Esta actividade tamén permite conciliar vida familiar e laboral. Nadal Lúdico está destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Os pais contan até o próximo 19 de decembro para inscribir aos seus nenos. Deberán facelo no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Touro. A actividade está financiada pola Deputación da Coruña.

Nadal Lúdico tamén ten como obxectivo que os pais e as nais dos máis pequenos habitantes de Touro poidan conciliar a vida laboral coa vida familiar. Nadal Lúdico desenvolverase os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro, nun horario de 10.00 a 13.30 horas. Esta actividade terá lugar na Biblioteca Pública Neira Vilas, situada nos baixos da sede do Concello de Touro. Entre as actividades programadas figura os obradoiros de internet-informática, animación á lectura, cine e xogos predeportivos e cooperativos. As prazas son limitadas.

11 de decembro de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.