publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sete veciños de Frades conseguen o carné de manipulador de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Participantes no curso

Participantes no curso

Sete veciños e veciñas de Frades conseguiron o carné de manipulador de alimentos tras participar nunha nova edición deste curso formativo convocado polo Concello de Frades. Un curso que tivo lugar esta fin de semana no multiúsos de Frades e que faculta a estes veciños a traballar en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos no sector hostaleiro (camareiros, panadeiros, dependentes de ultramarinos…), no sector alimentario, en comedores escolares…

Consciente da necesidade que existe de conseguir ou renovar este carné, o Concello de Frades vén convocando dous cursos de manipulador de alimentos ao ano, un en decembro e o outro en xuño. Nestes dous últimos anos teñen participado un total de 53 veciños e veciñas. Os cursos teñen unha duración de 3 horas e neles os alumnos e alumnas aprenden conceptos sobre nutrición, hixiene e manipulación dos alimentos, así como os distintos métodos de conservación dos alimentos.

16 de decembro de 2014 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.