O Concello de Cabanas asina os convenios cos cemiterios veciñais
Un ano máis o Concello de Cabanas asinou unha serie de convenios de colaboración cos cemiterios veciñais de “O Peteiro” de Cabanas e “Dato” de Laraxe. Trátanse estes convenios dunha forma de colaboración co estas entidades e se atopan dentro dos programas de axuda que o consistorio ten coas diferentes asociacións e agrupacións que existen en Cabanas.
Por medio destes convenios, o consistorio colaborara no no que foron os traballos de mantemento e conservación destes cemiterios veciñais durante o ano 2014. Para tal fin vaise destinar unha cantidade de 1.060 euros no caso de “O Peteiro” e de 1.365 euros no de “Dato” e que vai en función dos nichos existentes en cada un deles.