publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo mellora 60 quilómetros de estradas provinciais en Chantada e Antas de Ulla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAntas de UllaChantadaLugo
A-
A+

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, e a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, supervisaron as obras de mellora en 60 quilómetros de estradas provinciais nos Concellos de Chantada e Antas de Ulla. Os traballos, que a institución executa con medios do Parque Móbil, consisten no acondicionamento do firme e limpeza de cunetas. 

Martínez e Porto tamén se achegaron ao casco urbano de Antas de Ullas, onde a Deputación está a rematar as obras no último treito da vía que vai dende o cuartel da Garda Civil ata o centro da vila, pola estrada de Palas de Rei. Consisten na mellora do firme con aglomerado en quente e na sinalización horizontal.

Ademais, os Deputados comprobaron o estado das obras de mellora no camiño local de Antas de Ulla a Bertosende, concretamente, entre os puntos quilométricos 0 ao 2,7. Son traballos enmarcados no Plan de Obras e Servizos, financiados por Deputación e Concello de Antas, posto que o Goberno Central suprimiu a súa achega a esta programación. O organismo provincial achegou 13.151 euros.

O Deputado de Xestión Territorial destacou que “é unha obra de xustiza, que beneficia a todos os veciños e veciñas do Concello de Antas e arredores”, e engadiu que “con estas obras reivindicamos a vida no rural e tratamos de compensar o abandono que sofren os veciños da Comarca por parte doutras administracións”. A Deputada de Economía informou que “esta actuación conta cunha achega importante do Concello de Antas” e subliñou que “se outras administracións puxeran a parte que lles corresponde, o Concello aforraríase esta partida”.

29 de decembro de 2014 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.