publicidade hoxe

Un grupo de gandeiros e agricultores de Touro participan nas charlas sobre ‘Boas prácticas’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Participantes nas charlas

Participantes nas charlas

Un grupo de gandeiros e agricultores de Touro participaron esta semana nas charlas sobre Boas prácticas no rural. As charlas infomativas de sensibilización ambiental están impulsadas pola Xunta e están enmarcadas no programa europeo Life+ Natureza e Biodiversidade, no que se deselvolve o Proxecto Life+ Margal-Ulla para a mellora da calidade ambiental na bacía do río Ulla. Co contacto directo cos gandeiros e agricultures de Touro, os promotores desta iniciativa pretenden fomentar as boas prácticas agrícolas, gandeiras e forestais, de maneira que se poida entre todos contribuir á conservación dos hábitats do Ulla e reducir o impacto destas actividades sobre o medio natural.

20 de novembro de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.