publicidade hoxe

O C.R.D.O. Ribeiro e o Instituto Galego do Viño asinan un convenio de colaboración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseRibadavia
A-
A+

A sede do C.R.D.O. Ribeiro acolleu hoxe a firma do primeiro convenio de colaboración entre estas entidades para os cursos académicos 2014-15 e 2015-16, por parte de D. Xoán Torre Cannas Director do INGAVI, e D. Miguel Ángel Viso Diéguez, presidente do C.R.D.O. Ribeiro, A alianza D.O. Ribeiro – Instituto Galego do Viño é una aposta estratéxica para ambas entidades, que están convencidas de que esta firma aportará novos espazos de colaboración adicionais a os recollidos no acordo e igualmente frutíferos para as partes.

A valoración dos presidentes foi considerada como “altamente satisfactoria, pois xa era hora de xuntar esforzos na difusión da cultura do viño, e en particular do Ribeiro, a D.O. mais antiga de Galicia e líder en calidade de viños brancos galegos”. O desenvolvemento de proxectos conxuntos como “a cátedra do Ribeiro”, e o compartimento de recursos aportarán valor aos contidos dos cursos do INGAVI e a maior especialización dos alumnos no prestixioso Máster de Sommeliers, abocado a converterse nun referente nacional na formación profesional do viño. Así mesmo, desde o C.R.D.O. Ribeiro se formará un panel de expertos vinculados a esta cátedra, para o análises e a elección do mellor traballo proposto, que será receptor dun premio específico na Gala de premios da D.O. Ribeiro, que se celebra anualmente en Xuño.

A súa vez, o director do INGAVI, D. Xoán Cannas, realizará presentacións en feiras internacionais sobre os viños da D.O. Ribeiro; e aportará contidos sobre a D.O. Ribeiro e a súa historia, terroir, variedades, solos, etc. Como sole ocorrer ante a firma de convenios, o factor de colaboración é sen dubida, de ampla ganancia para ambas partes. O Consello Regulador, como patrocinador principal, terá ademais a posibilidade de realizar actividades e conferencias para todos os alumnos e ex-alumnos do Instituto Galego do viño; A primeira sesión do Curso Superior de Sommelier adicada ao Ribeiro está prevista para o próximo luns 10 de novembro pola tarde e a vai impartir Xosé Lois Sebio, na sede do instituto, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro ven desenvolvendo convenios de colaboración con distintas entidades, buscando sinerxías e aportando valor as bodegas compoñentes da D.O. e as súas particularidades de tamaño, grandes, medianas e pequenas. Na liña de engadir valor e desenvolvemento de negocio, firmouse a principios de ano un convenio de transportes con SEUR, seguindo con un convenio de banca có Banco Sabadell Gallego; e recentemente, firmouse tamén o convenio co Clúster da Carne de Galicia, para a comercialización exterior. O Consello Regulador continúa explorando as capacidades de mellora continua e excelencia vinculándose a entidades que aporten valor e creación de sinerxías, no desenvolvemento de estratexias conxuntas, innovación empresarial, desenvolvemento de negocios, etc.

4 de novembro de 2014 | 22:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.