publicidade hoxe

Conde destaca que a liña O Irixo-Lalín é precisa para un subministro de calidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal PortadaO Irixo
A-
A+

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou esta tarde no Parlamento que a liña O Irixo-Lalín é unha infraestrutura necesaria para garantir a seguridade e a calidade do subministro eléctrico na zona, e avogou por compatibilizar a protección paisaxística co interese xeral das 17.000 familias e empresas ás que a liña dará servizo.

Conde lembrou que a tramitación administrativa levada a cabo pola Xunta se axustou en todo momento á legalidade, aprobando un proxecto compatible co hábitat e o patrimonio, e que reduce o impacto inicial da liña, conseguindo que quedase afastado do monumento da Fraga de Catasós e a afección do castro.

Recordou así mesmo o conselleiro de Economía e Industria que corresponde ás empresas de distribución a redacción dos proxectos técnicos, como titulares das instalacións e xestoras da rede. Neste sentido, destacou os contactos do Goberno galego coa distribuidora, que vén de presentar unha nova alternativa que afecta a 6 árbores autóctonas na fraga de Casas Vellas.

26 de novembro de 2014 | 20:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.