publicidade hoxe

Abegondo acorda con Aspace a atención a veciños con discapacidades psicofísicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

Abegondo suma un novo servizo de atención aos veciños con discapacidades psicofísicas, así como ás súas familias. O Concello e a asociación Aspace acordaron o inicio de servizos técnicos de asesoramento a este colectivo. O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, asinou o convenio co presidente de Aspace, Antolín Manuel Rodríguez, coa presenza do xerente da entidade, Eulogio López, nun acto celebrado no salón de plenos.

Froito do acordo, a asociación proporcionará recursos para tratar de mellorar a calidade de vida dos veciños con esta casuística. Aspace emprenderá traballo de asesoramento e orientación, axudas técnicas e organizará xornadas conxuntas entre as persoas con discapacidade de Abegondo e os usuarios do seu centro. Santiso enxalzou o “traballo de calidade” que leva a cabo Aspace con estes colectivos. O alcalde considera prioritario promover a “integración social e laboral” destas persoas, e defende a igualdade de oportunidades. O rexedor destacou que o programa tamén atenderá as necesidades de familias e profesionais que atenden ao colectivo.

17 de novembro de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.