publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A decisión de Froiz de radicarse no polígono de Barro-Meis actúa como locomotora para a chegada de novas empresas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarroMeisPontevedra
A-
A+

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, manifestou hoxe que a institución provincial estuda abrir unha nova convocatoria de alleamento de parcelas do polígono de Barro-Meis toda vez que a compra dun importante número de parcelas por parte de Supermercados Fróiz provocou o interés doutras firmas para radicarse no polígono.

Louzán destacou que a decisión de Fróiz de comprar un espazo situado entre a AP-9 e a cabina de peaxe da saída da Vía Rápida do Salnés está actuando como “locomotora” do polígono e son varias as empresas de servizos auxiliares ou complementarios que se dirixiron á Deputación para interesarse pola compra de parcelas, unha vez rematada a convocatoria anterior o  pasado luns, 3 de novembro.

“Estudaremos a posibilidade de abrir unha nova convocatoria para atender as demandas destas empresas”, dixo Louzán.

O vindeiro luns, día 10, abrirase o sobre B, de referencias técnicas, coas ofertas presentadas por Fróiz e pola empresa de autocares Novas Rías. Catro ou cinco días despois, abrirase o sobre coa súa oferta económica e o alleamento definitivo das parcelas irá á comisión informativa do día 21 e aprobarase definitivamente no Pleno do día 28.

Louzán afirmou que “andaremos por unha porcentaxe de ocupación do polígono do 55 ou 60% do polígono e quedará unha superficie dispoñible en torno ao 40%”.

7 de novembro de 2014 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.