publicidade hoxe

O filial do Santiago Futsal mídese hoxe a Carballiño FS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal B mídese esta noite ás 21.30 en Santa Isabel a Carballiño FS, no partido da 4ª Xornada da liga de 3ª División grupo 1.

O filial do Santiago Futsal vén de cultivar unha vitoria en casa do Burela FS “B” Pescados Rubén (1-2) na pasada xornada, e só suma unha derrota contra Xove na 1ª Xornada (3-2).

O adestrador do filial, Jorge Basanta analiza ao seu rival “é un equipo bastante mozo, que compite moi ben e que ten xogadores moi rápidos”.

Pola súa banda, o equipo xuvenil de División de Honra, xoga o domingo ás 12h na Pontenova (Lugo) contra ACD Os Fornos. Será un partido complicado, nunha cancha difícil. O conxunto local vén de gañarlle ao Burela, un dos grandes equipos da categoría. Preséntase un partido moi competido no que ambos os conxuntos estarán moi motivados.

Horarios partidos categorías basee

XUV. DIV. HON.
Domingo 26 Outubro-12h. A Pontenova (Lugo)- ACD Os Fornos vs Santiago Futsal

XUV. AUT
Sábado 25 Outubro- 16h Sta. Isabel- Santiago Futsal vs Grupo Ganaín-CD Beade

CAD. AUT
Domingo 26 Outubro- 12h. Restollal- Santiago Futsal vs EDC Verín

INF. AUT
Venres 24 Outubro- 19.30h Sta. Isabel- Santiago Futsal vs EDC Celanova

Categoría basee Liga Local
Sábado 25 de Outubro- Noia (Pavillón Municipal)

BENXAMIN A:
11h- Noia FS vs Santiago Futsal IES As Fontiñas

PREBENXAMÍN A:
12h- Noia FS vs Santiago Futsal IES As Fontiñas

ALEVÍN A:
13h- Noia FS vs Santiago Futsal IES As Fontiñas

Sábado 25 Outubro- Roxos (Pavillón Carmen Estévez)

PREBENXAMÍN B:
10.15h- Santiago Futsal IES As Fontiñas vs La Salle

BENXAMÍN B:
11.15h- Santiago Futsal IES As Fontiñas vs Vitoria

23 de outubro de 2014 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.