publicidade hoxe

Soutomaior acollerá os trofeos de fútbol masculino e feminino este fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSoutomaior
A-
A+

Este próximo fin de semana disputaranse nos campos de fútbol municipais do Concello de Soutomaior os trofeos de fútbol feminino e masculino.

O sábado día 6 a partir das 16,30 horas disputarase en Trofeo de Fútbol Feminino no Campo Municipal de Fútbol de Salgueirón (Arcade) entre os equipos Arcadia,E.F., Vila do Corpus e Bahía Feminino.

O trofeo xogarase pola modalidade de 3 x 1. Ás 16,30 xogarán o Vila do Corpus contra o Bahía Feminino a continuación o perdedor enfrontarase ao Arcadia,E.F. e finalizase o trofeo entre o vencedor do primeiro encontro contra o equipo local.

Este trofeo servirá de presentación ao equipo feminino de fútbol 11 de recente creación e que militará na 2ª división galega grupo 3º.

O domingo día 7 a partir das 18,00 horas e no Campo Municipal de Candán (Soutomaior) enfrontaranse como é habitual neste trofeo o C.D.Soutomaior e o C.D.Arcade.

Con distintas sortes ao final da tempada pasada, o C.D.Soutomaior militará na 3ª autonómica e presentarase neste Trofeo con moitas novidades de xogadores, tentando así iniciar unha tempada que o volva a levar a un ascenso de categoría que por autentica mala sorte perdeu a tempada pasada.

O C.D.Arcade sufriu esta tempada un auténtico cambio en toda a súa estrutura, tras a magnífica dirección do club por parte do seu ex. Presidente Daniel Alvarez, ábrese unha nova etapa como presidente a Miguel García.

Tamén o cambio de adestrador, posto que ocupa Sergio Suárez, trae consigo unha serie de novidades de novos xogadores e a volta a casa doutros que por distintas circunstancias abandonaran o club en anos anteriores.

Espérase que con eses cambios o C.D.Arcade poida ter unha tempada tranquila na 2ª autonómica.

4 de setembro de 2014 | 11:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.