publicidade hoxe

Regresa o programa de Intercambio Lingüístico que organiza Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaXuventude
A-
A+

A Concellería de Xuventude pon en marcha por segundo ano o Programa de Intercambio Lingüístico “Busco parella lingüística”. Esta iniciativa pretende facilitar un punto de encontro para que dúas persoas establezan contacto para practicar o uso dunha lingua. A titular do Departamento, María José Corral, presentou en rolda de prensa esta segunda edición do Programa de Intercambio Lingüístico, que ten como obxectivos mellorar as destrezas lingúísticas, intercambiar experiencias, coñecer persoas con intereses comúns e compartir afeccións con persoas que falen outras linguas, entre outros. Os destinatarios son os mozos e mozas entre 18 e 35 anos.

Este mesmo xoves 11, o Departamento de Xuventude contará cun pequeno expositor no Pazo da Fonseca durante o acto de benvida da Universidade de Santiago aos estudantes estranxeiros, co fin de difundir entre eles a existencia deste programa.

Á hora de realizar os “emparellamentos” teranse en conta aspectos coma: a lingua demandada e ofertada, a idade, intereses e afeccións comúns, etc. Este ano, a diferenza do anterior, unha vez recibidas as solicitudes -que se poden enviar por e-mail a dptoxuventude@santiagodecompostela.org ou depositalas no CSC e Xuvenil do Ensanche- farase unha pequena entrevista individual a cada candidato para concretar algúns aspectos que non queden claros na ficha de inscrición.

Na edición do 2013 inscribironse 86 persoas, dos cales 52 eran estranxeiros. Entre os idiomas ofertados figuraban inglés, francés, italiano, chino, ruso, grego, turco, alemán, checo… A maioría dos estranxeiros solicitaban castelán e galego, mentres que os galegos demandaban prioritariamente inglés, francés, italiano e alemán. A primeira edición rematou con 26 parellas lingüísticas formadas.

11 de setembro de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.