publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Consorcio As Mariñas forma en materia de reciclaxe aos colectivos máis desfavorecidos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Consorcio As Mariñas estrea formación para apoiar aos colectivos máis desfavorecidos na obtención de emprego. O centro social de Fonteculler, no Concello Culleredo, acolle desde o hoxe un curso de Operario de Reciclaxe, acción promovida desde o Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio. O Gabinete de Inserción Sociolaboral é un servizo dependente do ente intermunicipal que ten como obxectivo apoiar na búsqueda de emprego a todas aquelas persoas que se atopan nunha situación de desventaxa social para acceder ao mundo laboral.

O colectivo destas persoas incrementouse notablemente nos últimos anos como consecuencia da crise económica, polo que dende o Consorcio As Mariñas redobláronse os esforzos de atención con este colectivo principalmente a través da formación moi especializada.

O alcalde en funcións de Culleredo, José Ramón Rioboo, e a concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, deron a benvida aos alumnos ao inicio da primeira sesión. “Canto máis vos formedes, máis opcións teredes de entrar no mundo laboral”, apuntou Rioboo. O alcalde en funcións destacou a aposta do Concello de Culleredo en comunión co Consorcio para impulsar accións formativas como “vía para mellorar a inserción laboral”. Animou aos alumnos a aproveitar “cada minuto” do curso para obter “un plus” moi importante á hora de poder ser contratados.

O obxectivo deste curso é formar a persoas desempregadas con especiais dificultades para a súa inserción nun nicho de traballo que está por medrar nos próximos anos: a reciclaxe dos residuos. Aínda son poucas as empresas do entorno das Mariñas que se adican a esta actividade, pero hai previsións de que sexa un sector en crecemento dos próximos anos. Por iso, o Consorcio quere ter preparado a un grupo de persoas neste campo para que teñan maiores facilidades para acceder aos postos de traballo que se creen no futuro nestas empresas.

O aceite, o textil, o papel, o vidro… a actividade que xenera a destes materiais será un sector da actividade económica que medrará nos próximos anos. De feito, xa xurdiron iniciativas como a de INSERTEGA, unha empresa de iniciativa social, adicada á reciclaxe textil, que naceu fai uns meses en Culleredo, que está tendo moi bos resultados e que vai a acoller en prácticas a parte do alumnado deste curso.

O curso está dirixido a 20 persoas e ten unha duración de 50 horas teóricas e 20 horas de prácticas en empresas de reciclaxe. O seu obxectivo é que coñezan os procesos de reciclaxe dos distintos produtos, os materiais e as súas características, o pesado, a selección e a manipulación dos materiais, a limpeza e orden nas zonas de traballo e a prevención dos riscos laborais. Unha formación básica, pero moi especializada e cun enfoque moi práctico dirixida a preparar ás persoas con maiores dificultades para conseguir a súa inserción laboral. O curso conta coa colaboración do Concello de Culleredo e da Deputación da Coruña.

12 de setembro de 2014 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.