publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Pontecesures solicita ao ADIF actuacións de limpeza no tramo ferroviario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

O Concello de Pontecesures ven de remitir un escrito ao Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) no que manifesta o mal estado no que se atopan ambas marxes do tramo ferroviario ao seu paso polo Concello, nas que medrou a maleza, coa consecuente imaxe degradante para veciños e visitantes.

Xunto ao escrito, adxúntase unha serie de fotografías na que se poden constatar a espesura da maleza. Finalmente, no mesmo escito ínstase a ADIF a que tome as medidas oportunas para resolver esta situación.

12 de setembro de 2014 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.