publicidade hoxe

Máis de 300 golfistas de varias comunidades participaron no IV Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Un total de 317 xogadores de golf participaron nas catro probas clasificatorias do IV Circuíto de golf sénior Turismo de Galicia, que xa se celebraron nas comunidades autónomas de Asturias, A Rioxa, Castela e León e País Vasco e cuxa final se celebrará os días 7 e 8 de outubro no campo de Augas Santas, en Ferreira de Pantón.

Este circuíto, que ten por obxectivo promover Galicia como destino de golf para os xogadores de categoría sénior do resto de España, tamén se celebrará os días 16 e 18 de setembro, nas comunidades autónomas de Madrid e Navarra.

Deste xeito, na proba celebrada en Asturias o día 2 de setembro, participaron 85 xogadores. Na Rioxa, o día 4, foron 91 golfistas; 45, en Salamanca, o día 9; e 96, hoxe no País Vasco.

Golf sénior e oferta complementaria

Outro dos obxectivos deste circuíto é ofrecer un programa concreto e atractivo para o xogador e colectivo sénior que se está convertendo nun segmento de grande importancia no sector do golf en España.

Neste sentido, o Circuíto de golf sénior Turismo de Galicia constitúe unha ferramenta de promoción para Galicia como destino de turismo activo e deportivo no que ademais que se complementa con outras actividades paralelas coma o termalismo, a gastronomía ou a enoloxía.

Plan integral de Turismo de Galicia

Dento do Plan Integral de Turismo de Galicia reflíctese a necesidade de impulsar a promoción e o apoio á organización de iniciativas de turismo deportivo para a captación de novos fluxos turísticos en tempada baixa, así como a creación de campionatos de golf vinculados ao turismo termal.

Así, ata o ano 2016 estanse impulsando accións encamiñadas á promoción, á captación de máis turistas e ao establecemento de sinerxías con operadores nacionais e internacionais especializados no turismo de golf.

Entre as actuacións máis salientables están a participación en feiras sectoriais de golf, accións de promoción en medios de comunicación especializados en colaboración coas empresas xestoras dos campos, a realización de eventos green day para participantes amateurs, o lanzamento de ofertas de fins de semana multiexperienciais combinando turismo de golf con turismo termal ou rural, o desenvolvemento de paquetes pechados que consten de Green Fee e clases de iniciación ou perfeccionamento realizadas por monitores propostos pola Federación Galega de Golf e a Asociación Galicia, Destino Golf; e a creación de paquetes turísticos, ofertando golf, aloxamento, termalismo e gastronomía, especialmente para o colectivo sénior.

15 de setembro de 2014 | 12:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.