publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta inviste 55.000 euros na mellora de camiños en Boimorto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoimorto
A-
A+

A Xunta de Galicia destinou este ano unha achega de 55.030 euros a diversas obras de acondicionamento de varios camiños rurais de Boimorto. Trátase de actuacións que se están a levar a cabo a través do Plan marco de mellora de camiños de titularidade municipal que desenvolve a Consellería do Medio Rural e do Mar, que neste caso permitiu intervir nunha decena de pistas do concello. Así llo trasladou esta mañá a delegada territorial do Goberno galego na provincia, Belén do Campo, á concelleira e portavoz municipal do Partido Popular, María Jesús Novo, coa que mantivo unha reunión de traballo para analizar a situación dos proxectos que o Executivo autonómico está a desenvolver nesta zona “co obxectivo de seguir mellorando os servizos que se ofrecen aos veciños e veciñas e a resposta ás súas necesidades”, manifestou.

En total, actuarase sobre máis de tres quilómetros de vías, nas que se están a realizar tratamentos asfálticos superficiais para mellorar e acondicionar a capa de rodadura e procederase tamén á limpeza das cunetas. Os camiños obxecto dos traballos foron os que unen Vilanova e a Abaiuca e Casanova e Cubelos, así como as pistas dos lugares da Arentía, Sucadas, Peizás, Braña Salgueiro, Os Condes, Romelas, Gándara e Algalia.

Segundo salientou Do Campo, “con estas iniciativas búscase facilitar os desprazamentos da poboación, co fin de dignificar e mellorar a calidade de vida das persoas que residen nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas áreas rurais”. “A finalidade fundamental destes fondos é, por tanto, a de levar a cabo actuacións que favorezan o desenvolvemento rural”, apuntou.

Neste senso, a máxima representante da Xunta na provincia tamén recordou que o departamento autonómico ven de aprobar este exercicio subvencións por un importe total de 450.000 euros destinadas á incorporación de mozos e mozas de Boimorto ao sector agrario e gandeiro, así como á modernización e melloras estruturais das explotacións do municipio.

24 de setembro de 2014 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.