publicidade hoxe

Un total de setenta Seat 600 percorren as rúas de Arcade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Concentración de Seat 600

Concentración de Seat 600

Setenta “pelotillas”, como se coñece popularmente a este modelo, percorreron esta mañá as rúas de Arcade na exhibición da XX Concentración de SEAT 600 organizada polo Concello de Soutomaior. Unha colorida e espectacular caravana na que participaron coches chegados de diferentes lugares de España e o norte de Portugal. O encontro tivo lugar nos exteriores da estación de tren, un cambio de última hora debido ás inclemencias meteorolóxicas.

Verdes, grises, vermellos, con lamias ou tapacubos, teito solar ou baca, preparados para competir ou como recentemente saídos do concesionario,… os había para todos os gustos. Todos diferentes, do mesmo xeito que os seus donos. “Era o coche do meu avó e aínda está de medo, faime 7 litros”, comenta Jorge, de 24 anos, un dos condutores chegados desde León.

Para outros, a relación co seu coche comezou hai moito tempo. “Eu compreino fai 34 anos de segunda man, e aquí segue”, afirma Joao, un afeccionado portugués, mentres presume do pequeno pero fiable motor do seu “600 D”. Proba diso é a inmaculada fiabilidade de todos os modelos que participaron na exposición, ningún fallou nin o máis mínimo en toda a xornada.

A xornada embazouse levemente pola presenza da choiva, o que motivou o traslado da concentración da chaira do Peirao á contorna da estación de tren. Alí, os clubs que participaron na concentración intercambiaron recordos desta vixésima edición. Juan Dieguez, o presidente do club de Arcade, agradeceu a presenza de tantos clubs, incluíndo aos chegados do norte de Portugal, o que elevou o rango do encontro a internacional. A choiva con todo non afectou ao ánimo dos participantes que, cos diferentes sons das súas bucinas, abandonaban a estación de tren para iniciar o seu percorrido por Arcade entre risas e orgullosos das súas máquinas.

Coche económico

O que foi o primeiro coche de moitos fogares deseñouse para ser un modelo utilitario pero sobre todo económico. “É un motor pequeno que se está ben coidado e mantido non consome moito e é moi fiable”, afirma Joaquín, un dos participantes da concentración. A pesar diso, nos seus anos de existencia ninguén o considerou barato. “Valía máis de 70.000 pesetas cando saíu, aínda o lembro”, comenta Joaquín. Hoxe en día equivalería a uns 27.000 euros.

10 de agosto de 2014 | 20:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.