publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Educación inviste 100.000 euros na mellora das instalacións dos colexios de educación infantil e primaria Virxe do Carme e Monte Baliño

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Sen categorizar ▼
A-
A+
Vázquez Abad na visita ao colexio de Sober

Vázquez Abad na visita ao colexio de Sober

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou, durante o día de hoxe, as instalacións dos colexios de educación infantil e primaria Virxe do Carme, no concello de Sober, e Monte Baliño en Pantón para comprobar o estado dos traballos realizados por valor de preto de 100.000 euros.

CEIP Virxe do Carme

De eles, máis de mais de 41.000 euros foron investidos, pola Consellería, no CEIP Virxe do Carme de Sober para facer reformas na biblioteca, no baño infantil e no acceso ao ximnasio, así como para facer o peche perimetral do pavillón. Grazas a estas accións do departamento de Vázquez Abad, o vindeiro curso académico un total de 52 alumnos poderán gozar dunhas instalacións educativas en óptimas condicións.

Acompañado pola delegada territorial na provincia, Raquel Arias; o xefe territorial, José Jesús Ramos; o alcalde do concello de Sober, Luís Fernández Guitián; e o director do centro, Xosé Manuel López Santos, Vázquez Abad percorreu as instalacións para comprobar o estado das obras.

Cómpre recordar que ademáis destas actuacións o departamento de Xesús Vázquez Abad destina anualmente preto de 130.000 euros ao centro para os servizos de transporte escolar e comedor.

CEIP Monte Baliño

Por outra banda, o departamento de Cultura e Educación destinou preto de 56.000 euros ao CEIP Monte Baliño, no concello de Pantón, para realizar unha serie de obras de mellora e adecuación grazas ás cales un total de 51 alumnos contarán o curso académico 2014/2015 dunhas mellores instalacións.

Ademais do orzamento para obras, a Consellería inviste preto de 200.000 euros para cubrir as necesidades de transporte e comedor.

Durante o recorrido polas instalacións o conselleiro de Cultura e Educación estivo acompañado pola delegada territorial na provincia, Raquel Arias; polo xefe territorial, José Jesús Ramos; o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco; e polo directora do centro, Mª Teresa Fernández Luaces.

Con esta visitas a Consellería de Cultura e Educación reafirma o seu compromiso cos centros educativos nos que sumou máis de 73,8 millóns de euros en investimentos no período 2009-2014. O departamento dirixido por Vázquez Abad rematou as actuacións en 21 destes centros, o que supuxo unha achega de preto de 50 millóns, e ten neste momento en execución ou licitación actuacións noutros 10 por un orzamento de máis de 25 millóns.

26 de agosto de 2014 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.