publicidade hoxe

Celas de Peiro celebra as súas festas patronais cunha gran paella e mexillonada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

Celas de Peiro comezará mañá, día 14, as súas festas en honra á nosa Señora cunha gran paella, mexillonada e a actuación da orquestra Los Satélites, con racións a 8 euros. Será o primeiro día dun programa festivo que se prolongará até o vindeiro domingo día 17.

As festas, nas que colabora o Concello de Culleredo, comezarán mañá ás 21.00 horas coa quinta edición da gran paella e mexillonada, animada por unha disco móbil Alcalá Music Night para, a partir das 23.00 horas, actuar a orquestra Los Satélites. O día 15 celebrarase a misa solemne a partir da unha da tarde e desde as seis da tarde actividades diversas coa primeira edición do torneo de futbolín, xogos infantís… antes da verbena que correrá a cargo da orquestra Ría de Arousa. O sábado 16 misa en honra a San Roque ás 13.00 horas e pola tarde, desde o seis, xogos infantís para acabar o día coa orquestra Solara, mentres que o día 17 a misa solemne será en honra a San José ás 13.00 horas. As actividades concluirán cun sorteo de Ibéricos ao mediodía.

O Concelleiro de Festas, Juan Carlos Lovelle, explicou que como en festexos anteriores, a Policía Local e Protección Civil manterán unha vixilancia continuada, asistindo a calquera participante, e asegurando o acceso seguro para os viandantes. A coordinación coa Garda Civil segue sendo clave, reforzando o dispositivo especialmente polas noites.

Lovelle explica que o Concello tamén está a realizar un “importante investimento” nas festas parroquiais contribuíndo por igual en cada unha delas, achegando a loxística necesaria para a celebración das mesmas. O Concello asumiu os gastos en subministración, instalacións de ambigús, cesión de grellas, mesas e cadeiras para a correcta celebración de todos os programas previstos.

13 de agosto de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.