publicidade hoxe

Vilaboa acollerá o II Festival Folclórico Internacional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilaboa
A-
A+

O Concello de Vilaboa celebrará o próximo domingo día 13 de xullo o II Festival Folclórico Internacional.

Esta idea naceu da Asociación Cultural Barqueiro que xa fai anos organizaba un festival desta índole, pero que por problemas de financiación carga de traballo deixaron de facer. O pasado ano retomouse a iniciativa e este ano busca a súa consolidación como un acto de peso na axenda cultural do concello. 

Por segundo ano, grazas a oferta feita por parte da asociación cultural Meiramar Axóuxeres de Moaña, que son os que mediaron para poder desfrutar deste espectáculo, e coa colaboración do Concello, da Concellería de Cultura e Mocidade, e da Comunidade de Montes de Santa Cristina, é posible a continuidade deste proxecto.

O Festival terá lugar o vindeiro domingo, ás 20h no Campo de Fútbol de O Cabalo, na parroquia de Santa Cristina de Cobres e a entrada será de balde.

Este ano contará coas actuacións do grupo local de pandereteiras Adonairare e o propio grupo folclórico da asociación cultural Barqueiro, e coa presencia e actuacións dos grupos Ballet Folclórico Municipal de RANCAGUA, de CHILE e MUZSLA Néptáncegyüttes de HUNGRIA.

Con este Festival a intención, tanto da asociación cultural como do concello, é intentar retomar e volver pór en marcha este tipo de acto coa idea de permanencia no tempo. “ Esperamos que que esta segunda edición volva ter a mesma acollida por parte dos veciños e veciñas co pasado ano e que, incluso aumente, e se acheguen para poder desfrutar da mestizaxe de culturas e así poder coñecer un pouco máis do folclore dos outros países e tamén do noso propio”, declarou Tomás Boullosa, concelleiro de Cultura.

Tomás Boullosa tamén quixo agradecer o á Asociación Cultural Barqueiro o seu esforzo para poder levar acabo esta segunda edición e á Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres polo seu apoio e colaboración.

11 de xullo de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.