publicidade hoxe

Un incendio en Culleredo obriga a desaloxar a todos os veciños do edificio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoSucesos
A-
A+
Europa Press

Un incendio declarado no terceiro piso dun inmoble situado no municipio coruñés de Culleredo obrigou a desaloxar os veciños de todo o edificio situado na rúa Alcalde Domingo Serra, aínda que non causou feridos.

Segundo explicaron os bombeiros de Arteixo, as lapas iniciáronse ás 3,15 horas ao arder unha campana extractora da vivenda e foron apagadas polos propios propietarios antes de que chegasen ao lugar os servizos de emerxencias.

Ademais dos bombeiros, ao lugar trasladáronse efectivos da Policía Local, Protección Civil e Urxencias Médicas, que non realizaron ningún tipo de traslado, precisou o CAE 112 Galicia.

Unha vez que os servizos de emerxencias comprobaron que as lapas foran apagadas na súa totalidade, os veciños do edificio puideron regresar ás súas casas.

18 de xullo de 2014 | 11:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.