publicidade hoxe

Rueda participa na presentación do libro Entre Portugal e a Galiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Alfonso Rueda no acto de presentación. Foto: X. Crespo

Alfonso Rueda no acto de presentación. Foto: X. Crespo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá no acto de presentación do libro “Entre Portugal e a Galiza (Sécs. XI a XVII). Un olhar peninsular sobre uma região histórica”, no que apostou por unha cooperación práctica, de “segunda xeración”, na que o protagonismo pertence aos cidadáns.

Segundo explicou o vicepresidente esa é a aposto do Goberno galego e así o avalan os acordos en materia de emerxencias, no sector téxtil, no emprego, entre as universidades e en moitos outros ámbitos, no que os cidadáns recollen os seus froitos día a día.

Precisamente, o libro que se presentou esta mañá na Instituto de Estudos Galegos ‘Padre Sarmiento’ abunda nesa idea de colaboración, cooperación e cohesión entre as dúas rexións transfronteirizas; e neste sentido, Rueda asegurou que se trata dunha magnífica iniciativa “que nos permite saber un pouco máis do pasado común de Galicia e Portugal”.

Por último, o vicepresidente asegurou que a fronteira galaico-lusa, máis que unha liña separatoria, foi nexo de unión dun territorio que conta cunha sólida experiencia multisecular de cooperación. Esta relación “especialísima” entre Galicia e o Norte de Portugal permitiu converternos nunha das eurorrexións con máis experiencia e máis dinámica de toda a Unión Europea, sen renunciar por elo a ser pioneiros noutras apostas de cooperación como as AECTs ou a macrorrexión.

Un recorrido pola historia peninsular

O libro que se presentou hoxe foi o resultado dunha colaboración entre máis de trinta investigadores, tanto portugueses como galegos, e nel se recollen as conclusións alcanzadas entre ambos grupos no estudo das dinámicas de cohesión e ruptura da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Ente as cuestións incluídas na obra -que consta de seis partes e un total de 23 capítulos-, figuran aspectos históricos como a Monarquía, o territorio, a sociedade, os factores identitarios ou os símbolos de ambas rexións; sometidas a unha rigorosa investigación comparada entre os dous grupos de traballo peninsular.

No desenvolvemento da obra foi necesaria a colaboración entre diferentes institucións galegas e portuguesas. No caso da Comunidade galega, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) -centro de investigación de titularidade compartida entre el CSIC e a Xunta- participou de maneira activa na creación do libro. Ente as liñas de investigación deste Instituto destacan os estudos sobre as redes de poder na Idade Media, fontes diplomáticas ou o fenómeno das peregrinacións, entre outros.

Ademais do vicepresidente da Xunta, na presentación do libro tamén estiveron presentes o director do Instituto de Estudos Galegos ‘Padre Sarmiento’, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés; o coordinador da obra e presidente do Consello Científico do Centro de Estudos da Populaçao, Economía e Sociedade (CEPESE), Luís Adão da Fonseca; e o catedrático da Universidade de O Porto, José Augusto de Sottomayor-Pizzarro.

22 de xullo de 2014 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.