publicidade hoxe

Máis de 80 nenos de Val do Dubra participan no ‘Verán Deportivo 2014’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

Un total de 85 nenos e nenas do Concello de Val do Dubra participan no programa de actividades para o tempo de vacacións:  ‘Verán Cultural Deportivo 2014’. Comenzou o 1 de xullo e rematará o próximo sábado 19 de xullo. A actividade, que inclúe xogos didácticos para os nenos de cinco a 12 anos, tivo lugar na piscina e na área recreativa de Bembibre, cando o tempo o permitiu. O Concello de Val do Dubra trata así de dar una oferta de lecer aos máis cativos do Concello para que, unha vez iniciadas as vacacións de verán, disfruten e ao mesmo tempo os seus pais poidan conciliar traballo e vida familiar.

16 de xullo de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.