publicidade hoxe

Festival Galego da Terceira Idade e Gala de Miss e Míster Galicia 2014 de Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaMelide
A-
A+
Festival Galego da Terceira Idade: Elección de Miss e Míster Galicia 2014 en Melide

Festival Galego da Terceira Idade: Elección de Miss e Míster Galicia 2014 en Melide

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu a gala de Miss e Míster Galicia 2014 que anualmente celebra o Concello de Melide, onde resaltou a importancia de levar a cabo un envellecemento “activo, pleno e feliz”.

Para participar neste certame xa consolidado, o único requisito é superar os sesenta anos de idade, polo que a titular do departamento autonómico valorou a realización deste evento, que ten aos maiores como “protagonistas”.

Mato subliñou que este colectivo ten aínda “moito que compartir, e moito que aportar á nosa sociedade e a todos os galegos e galegas” e, por iso, destacou que a Xunta aposta “decididamente” polos programas que manteñen en activo ás persoas, que lles permitan permanecer no seu entorno, que fomenten a participación dos maiores, así como as súas relacións sociais a través de programas de ocio, entre outras medidas.

Deste xeito, a Consellería de Traballo e Benestar elaborou a Estratexia para a Prevención da Dependencia, que recolle 400 propostas ou medidas para que desde agora ata 2020 máis de 4.000 galegos e galegas poidan previr a dependencia.

Por último, Mato sinalou que a gran maioría dos maiores galegos participan nos centros cívicos, sociocomunitarios e sociais repartidos en Galicia, onde poden gozar de actividades e intercambiar experiencias ao longo de todo o ano. A conselleira puxo en valor as actividades que se fan nestes centros para promover a participación e mellorar as habilidades sociais dos maiores.

6 de xullo de 2014 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.