publicidade hoxe

A Deputación de Lugo promociona os produtos autóctonos e a candidatura da Ribeira Sacra na Subida a Chantada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaLugo
A-
A+

A Deputación promociona os produtos autóctonos e a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade na 41 edición da Subida a Chantada, que este ano estrea o I Trofeo Ribeira Sacra co patrocinio do organismo provincial. A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, entregará este domingo os galardóns, que consisten en lotes de degustación de produtos da zona, que contan coa marcas de calidade Lugo Sabe e que forman parte da 1º plataforma de comercio electrónico na provincia: www.losproductosdelugo.com. Ambas as dúas mencionadas iniciativas foron postas en marcha pola Deputación con fondos europeos, supoñendo custe cero para os produtores e establecementos que decidiron sumarse.  

O organismo provincial tamén leva hoxe a Chantada o autobús rotulado coa Ribeira Sacra, aproveitando a afluencia de visitantes neste evento deportivo para continuar coa campaña de sensibilización e recollida de sinaturas en apoio á candidatura deste espazo natural. A institución luguesa repartirá material didáctico, dando conta da riqueza e recursos da Ribeira Sacra, ó tempo que leva o libro oficial da Unesco para seguir sumando apoios.

Máis 10.000 sinaturas
A institución luguesa iniciou en outubro do pasado ano unha campaña de recollida de sinaturas para sumar apoios á candidatura da Ribeira Sacra, sendo máis de 10.000 as persoas que asinaron nos libros oficias da UNESCO. Un autobús rotulado coa Ribeira Sacra iniciou na capital luguesa o seu percorrido pola provincia, chegando ós 13 Concellos lugueses que forman parte deste espazo.

O organismo provincial tamén sumou a GADIS e FADEMUR na súa campaña. Deste xeito, 51 establecementos de GADIS en Lugo e Ourense contan con libros oficiais da UNESCO. As máis de 12.000 mulleres de toda Galicia que integran FADEMUR incorporaron esta iniciativa na campaña Son de campo, coa que pretende visualizar a produción rural. 

Da mesma forma, a institución luguesa convidou ós 67 Concellos lugueses e a centos de colectivos da provincia, ós que enviou o modelo de adhesión ó convenio a finais do pasado ano, a participar nesta iniciativa; ó tempo que o publicou na súa web, www.deputacionlugo.org, o modelo de adhesión, para que todos os interesados poidan adherirse en calquera momento.  

21 de xullo de 2014 | 11:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.