publicidade hoxe

Sober colabora co festival de fin de curso que celebran o colexio e a escola de música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, participará mañá na festa conxunta de fin de curso que celebran por vez primeira o CEIP Virxe do Carme e os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música. Os actos terán lugar a partir das 16:00 horas no propio centro.

O Goberno local participa nesta actividade conxunta organizando unha festa da espuma, actividade que terá lugar a partir das 18:00 horas.

40 aniversario do CEIP

Seguen á venda as entradas para o xantar de confraternidade que terá lugar o día 29 de xuño para conmemorar o 40 aniversario do CEIP Virxe do Carme. Os interesados e interesadas poden retirar as súas entradas no propio centro, no Concello ou na Casa da Cultura. Tamén poden formalizar a súa reserva chamando ao número 982460139, a través do Facebook do centro ou do e-mail virxedocarme.40@gmail.com.

Ese mesmo día darase a coñecer tamén unha exposición de fotografías antigas do centro e haberá unha actuación da Banda de Música de Sober e actividades de lecer gratuítas para os nenos e nenas e os asistentes.

19 de xuño de 2014 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.