publicidade hoxe

Cotobade ensalza o requeixo nunha nova edición da festa gastronómica en Corredoira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCotobade
A-
A+
Presentación da Festa do Requeixo

Presentación da Festa do Requeixo

O Alcalde do Concello de Cotobade, Jorge Cubela xunto coa a Deputada Provincial Ana Isabel Vázquez presentaron, no salón de plenos do concello, a XXXV edición da Festa do Requeixo da parroquia de Corredoira.

A degustación e venta do requeixo terá lugar o día venres 20 de xuño a partir das 20:00 h no campo da festa de Corredoira onde se poderá degustar pulpo, churrasco e viño do país.

Tanto o alcalde como a deputada provincial destacaron as cualidades deste produto tradicional realizado artesanalmente con leite callado. Normalmente o seu consumo e na sobre mesa poidéndose degustar sóo, con azucar, mel dándolle unha cor tostada ao requeixo e incluso mexturado con viño tinto que lle deixa unha cor violácea.

Asemesmo os días 20, 21 e 22 celebrase, coincidindo coa festa do requeixo, as festas de Santa Bárbara e San Antón e contará coas orquestas Palladium, Mosaico, D’diseño e Televisión ademais de contar coa presenza dos grupos de gaitas Os Trazantes, Foula e Catro Ventos.

18 de xuño de 2014 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.