publicidade hoxe

Campus musical en Chantada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantada
A-
A+

Nova edición do campus musical e artístico Ventos do norte da Banda de Música de Chantada. Para inscribirse será preciso formalizar a matrícula na Casa da Cultura de Chantada antes do 18 de xullo. Dito campus impartirase do luns 4 ao sábado 9 de agosto no Ceip Eloisa Rivadulla e está dirixido a nenos a partir de 6 anos con inquedanzas e curiosidades musicais. O horario será de 11.00 a 13.30 h. e de 17.00 a 19.30 h.

Olimpíadas cooperativas

Por outra banda, tamén en Chantada terán lugar as IV Olimpíadas cooperativas maiores e nenos o venres 27 de xuño, ás 16.00 h. no Pavillón Municipal de Deportes de Chantada. Haberá sorpresas e merenda para os participantes

19 de xuño de 2014 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.