publicidade hoxe

A Garda Civil detivo a tres xóvenes como supostos autores de roubos en Caldas de Reis e en Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisMoañaSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a M.C., de 24 anos de idade, a BD.G., de 26 e a AI.E., de 25, o tres de nacionalidade romanesa e veciños de Meaño, como supostos autores de, polo menos, dous roubos con forza en Caldas de Reis e Moaña.

O domingo pasado compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Sanxenxo detivo a M.C., como propietaria do turismo marca PEUGEOT, modelo 306, o cal foi visto, estacionado nas inmediacións dunha nave industrial do municipio de Barro, polo propietario da mesma cando acudiu ao lugar ao recibir aviso da activación da alarma, onde puido observar que nunha das paredes practicouse un butrón e que no exterior acumularan chatarra de cobre, supostamente, para despois transportala.

Por mor desta detención, na madrugada do seguinte día procedeuse á detención dos outros dous mozos cando abandonaban a provincia nun taxi, ocupándoselles varios efectos, presumiblemente procedentes de roubos, polo que se procedeu ao seu traslado ás dependencias oficiais do referido Posto Principal da Garda Civil.

No transcurso da instrución das correspondentes dilixencias púidose constatar que parte dos efectos intervidos procedían do roubo con forza nunha vivenda de Moaña acaecido o pasado día 18 de abril do ano en curso, imputándolle tamén outro máis nunha gasolineira de Caldas de Reis na madrugada do día 2 do mesmo mes de abril.

As investigacións continúan abertas polo que non se descartan máis imputacións por ilícitos da mesma índole.

Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número TRES de Cambados decretando a liberdade con cargos.

27 de maio de 2014 | 20:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.