publicidade hoxe

Sober súmase á celebración do 40 aniversario do Ceip Virxe do Carme

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober súmase á celebración do 40 aniversario do CEIP Virxe do Carme. Para elo, comprometeuse a publicar na páxina de Facebook municipal todas as fotografías que os veciños e veciñas achegan do seu paso polo centro. A idea dos mestres é organizar unha exposición de imaxes antigas nas que tamén se incorporarán as que os ex alumnos achegan a través da rede social.

Os responsables do centro organizaron unha xantar de confraternidade no Pavillón do Colexio para o próximo 29 de xuño. As entradas poden retirarse no Concello, na Casa da Cultura ou no propio Colexio a un prezo de 10 euros para os nenos e 20 para adultos.

Os organizadores do evento piden tamén que todos aqueles que teñan material fotográfico, un grupo musical ou unha idea que achegar se poñan en contacto con eles no 982 46 01 39 ou no enderezo electrónico virxedocarme.40@gmail.com.

30 de abril de 2014 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.